Proxecto Educativo


Proxecto educativo

As estratexias metodolóxicas da escola caracol fundaméntanse :

-na experimentación, o descubremento e a actividade significativa do neno e da nena
-no respeto ós ritmos de maduración, na singularidade e nas necesidades específicas de cada neno/a, así coma na diversidade como fonte de riqueza para a copmunidade e como posibilidade de cada un/unha de desenvolver as súas capacidades e habilidades cognitivas e creativas
-no desenvolvemento integral dos nenos e nenas, no logro dun equilibrio satisfactorio, nos valores individuais e na adaptación social ( cooperación, solidariedade, respeto...)
-no favorecemento dun ambiente que propicie o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias
-na progresiva adquisición de hábitos de limpeza, orde e conservación dos materiais , facendo un uso axeitado destes
-na integración dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais
-no respeto polo entorno favorecendo a educación ambiental
-na conciliación entre a vida laboral e familiar



Orientación psicopedagóxica e nutricional

A labor da psicopedagoga contempla varias vertentes:

-seguemento do neno e a nena en coordinación coa educadora, partindo da observación directa na aula a través de visitas
-asesoramento ás educadoras nos elementos relacionados coa actividade educativa( organización espacial, materiais e recursos máis axeitados para favorecer a estimulación dos pequenos, pautas para unha correcta avliación...) para mellorar os procesos de aprendizaje
-asesoramento ós pais e nais para acadar as solucións ante calquera dificultade que poida xurdir no proceso educativo dos nenos/as
-favorecer a integración do alumnado con necesidades educativas especiais,  realizando un estudio psicopedagóxico en colaboración con outras entidades que atendan o neno/a  


Nas actividades da nutricionista detacamos:

-revisión e modificación, se fose necesario, dos menús infantís mensuais
-asesoramento nutricional e dietético infantil ós pais e nais que o soliciten