A Escola Infantil Caracol é unha proposta educativa diferente atendida por especialistas da educación para todos aqueles pais e nais que desexen unha educación integral e individualizada para o seu fillo e filla, que fomente valores tan importantes coma a paz, a comprensión, a tolerancia ou o respeto e hábitos de autonomía, hixiene, descanso e alimentación, sen esquecernos do traballo no medio familiar e social, que estarán sempre en contacto mantendo relación mediante reunións, convivencias, festivais, celebracións...
Este é o Equipo Educativo da Escola Caracol
Agnès Moncade
É a educadora da aula de 1-2 maiores, as súas mañás desenvólvense entre contos, cancións, e algunhas palabras en francés que ela e os ses pequechos coñecen e as demáis educadoras tratamos de adiviñar
Noelia Barreiro
Noelia sempre recibe ós máis madrugadores da escola con cancións, contos e moitos bicos e apertas ben fortes para axudar a separarse de papá, mamá, os avós...
É a educadora dos nenos de 1-2 pequenos de xornada de mañá

Patricia Barreiro
Educadora dos nenos de 2-3 medianos de mañá, (nacidos entre xuño e setembro) tamén colabora na alimentación dos cativos no comedor, ensinándolles a empregar o garfo, a culler... e contando mil historias sobre froitas que nos fan medrar e verduras que nos axudan a estar moi sans e fortes
Paula Loureiro
Os "seus nenos" son os de 2-3 maiores, pásase as mañás "preparándoos" para o cole de maiores, porque estes ananos xa nos deixan non verán para comezar unha nova etapa educativa, o 2º ciclo de educación infantil
Lorena Santaclara
Lorena encárgase de ensinarlle as marabillas do mundo infantil na Escola Caracol ós máis cativos mediante xogos, cancións, mimos, coliños, masaxes...ela atende ó grupo dos nenos e nenas de 0-1 anos

Iria Prego
É a educadora dos peques-maiores, son os máis pequenos de 2-3, os nacidos entre setembro e decembro
a súa labor educativa comeza nun cadro en blanco que ela e os seus peques encárganse de encher de cores con pinceis, estampando con esponxas, embadurnando coas mans, os pés...
Uxía Piñeiro
Coas súas cancións, os seus contos de fantasía e a súa espontaneidade leva ós nenos e nenas de 2-3 de xornada de tarde ó mundo da ilusión e sabor a sirope de chocolate
Aurora Fernández
Co seu sorriso aberto e as súas palabras agarimosas invita ós nenos e nenas a entrar na Escola Caracol a disfrutar dun mundo de alegría e ilusión, e, con palabras de fresa e chocolate, despide ós nenos e nenas invitándoos a que volvan ó día seguinte
Olga Durán
Nunca as lentellas gustaron tanto ós cativos, pero...¿quen se pode resistir a comida elaborada por esta experta cociñeira? os nenos da Escola Caracol chupan literalmente os dedos despois da súa fantástica empanada de textura de soia ou das súas cremas de verduras
este verán será o derradeiro na escola, xa que a xubilación chama á súa porta, pero sempre estará nos corazóns de todos os nenos que saborearon as súas receitas máis especiais
Rebeca Ríos
Encárgase de organizar a escola e de que todo vaia sobre rodas, pero esa labor sería imposible de levar a cabo sin un bo equipo educativo como hai en Caracol
podes obter máis información sobre a nosa escola en:
www.escolacaracol.com